VIII Andaina do Condado – Marqués de Vizhoja

O Condado camiña en modo festa:

Churros, Chocolate e un percorrido para saborear

Hai andainas que se corren co reloxo na cabeza e outras —as mellores— que se viven como unha romaría deportiva: a xente chega cedo, saúda, coloca o dorsal e, antes de poñerse a camiñar, xa está a pasar o primeiro “avituallamento” do día. Na VIII Andaina do Condado – Marqués de Vizhoja, ese detalle ten nome propio: churros e chocolate. Espectaculares. E tamén unha idea de fondo: aquí o deporte vai da man do ambiente.

A proba, integrada na Liga Galega de Andainas da Federación Galega de Montañismo, celebrouse o domingo 6 de abril de 2025, despois dunha presentación oficial realizada o 3 de abril nun lugar que xa é parte do relato: o pazo e a finca da Adega Marqués de Vizhoja, no linde entre Arbo e Crecente.

O que fixa esta andaina na memoria é esa combinación pouco frecuente: organización e calor. O Club Cornelios leva anos convertendo a cita nun pequeno clásico do calendario, cunha acollida que se nota nos detalles e cun percorrido que é unha delicia: camiños para gozar, para conversar, para entrar no territorio sen présa e saír con ganas de volver.

Porque ao final, máis alá dos quilómetros, o que queda é esa sensación rara e boa de ter participado nun evento que sabe a festa sen deixar de ser deporte. E iso —cando pasa— tamén é un resultado.

A nosa representación disfutou dun percorrido con tramos de gran beleza e dureza. 

Voltaremos o ano 2026

 
 
<